Amosando publicacións coa etiqueta Retos musicais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retos musicais. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!!!

E chegou o día de despedirnos ata o próximo curso!!!

Penso que o facemos dun xeito marabilloso, lanzando eses bicos e apertas que tantas ganas temos de darnos e que tan ben nos prestan!!!

Rapazada, familias, un pracer estar con vós estas semanas, aínda que de xeito virtual. Síntome moi afortunada polas vosas respostas aos retos musicais...GRAZAS DE CORAZÓN!!!

Agora toca descansar, xogar, ler, bailar, cantar, tomar o sol, ir á praia...e todo o que vos apeteza no verán!!! Téndelo ben merecido campións!!!

Vémonos en setembro xentiña bonita!!!
BICOS, BICOS E MÁIS BICOS!!!

Besos Gif Animados


#euquedonacasa
#consentidiño
#gozadedoverán

sábado, 13 de xuño de 2020

ROCK & ROLL NO SALGADO!!!

Estades feitos uns rockeiros!!!!
Que pasada de vídeos e fotos me chegaron esta semana!!!

rock

Pídovos desculpas por non subir antes o resumo do reto, pero é que o meu ordenador xa está pedindo vacacións e tiven algún que outro problemiña técnico. De feito, se alguén enviou vídeo ou foto e non se ve no resumo que mo diga por favor...foi unha semana un pouquiño tola!!!

Moitísimas grazas polos vosos bailes!!! Sodes uns verdadeiros ROCKSTARS!!!!


Longa vida ao ROCK & ROLL!!!!

Vémonos o luns!!!


#euquedonacasa
#consentidiño

domingo, 7 de xuño de 2020

ÚLTIMO RETO MUSICAL!!!

Pois parecía moi lonxe, pero aquí está...o último reto musical!!!

Todavía non me despido de vós, fareino a próxima semana co resumo deste reto de cine!!!

Dous vídeos diferentes, pero un mesmo reto. Hoxe vai de bicos, si, si...

BICOS DE PELÍCULA!!!


RETO EDUCACIÓN INFANTIL



RETO EDUCACIÓN PRIMARIA


4º MEDIO : FILOSOFÍA OCCIDENTAL - FILOSOFIA LIAHONA: Prof Marcia ...

ENVÍA OS VÍDEOS OU FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:
musicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Tendes de prazo ata o domingo 14 de xuño


#euquedonacasa
#consentidiño

martes, 2 de xuño de 2020

ARTISTAZOS NO SALGADO!!! RETO 9 SUPERADO!!!

Cada semana me sorprendedes máis!!!

Que debuxos tan chulos de primavera e de instrumentos de orquestra!!!

Decidín xuntalos todos nun mesmo vídeo porque como a actividade era ser artistas tanto en Infantil como en Primaria pensei que quedaría chulo!!!

Moitísimas grazas a tod@s polo voso traballo!!!👏👏👏

Espero que vos guste!!!💚💚💚


#euquedonacasa
#consentidiño

domingo, 31 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 10

RETO 10!!! 

Esta semana comeza moi marchosa!!!
Porque os nenos e nenas de Educación Infantil viaxan ao país de orixe do Rock & Roll!!! E como aos de Primaria tamén vos gusta moito bailar propóñovos o mesmo baile para todos, pero con diferentes vídeos!!!
 Gozade da semana e a mover o esqueleteeeeeeeeeee!!!!


RETO 10_EDUCACIÓN INFANTIL


RETO 10_EDUCACIÓN PRIMARIA


flecha-imagen-animada-0443

ENVÍA OS VÍDEOS OU FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:
musicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Recorda, ata o domingo 7 de xuño


#euquedonacasa
#consentidiño

martes, 26 de maio de 2020

RETO 8 SUPERADO!!!

Alucinada me tendes cos vosos instrumentos!!!

Esta semana a verdade é que o pasei moi ben vendo os vosos vídeos de gaitas feitas con palliñas e eses tambores xaponeses!! Moi chulos!!!

Como os dous retos, Infantil e Primaria, eran de elaboración de instrumentos fixen un só vídeo con todas as fotos xuntas!!

Aquí vos vai!!

Moitas grazas polo voso traballo!!! Sodes uns artistas!!!👏👏👏




#euquedonacasa

domingo, 24 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 9

Que tal todo rapazada??

Pois aquí estamos outra semana máis cos nosos retos musicais!!! Neste reto número 9 imos xuntar a música coa plástica, tanto en Infantil coma en Primaria. Ides ter que sacar todas as vosas dotes artísticas!!!

Estade moi atent@s ao que vos conto en cada reto!!!

Espero que vos guste!!!

Disfrutade desta semana cargadiña de bo tempo!!!😘😎😘

RETO 9_EDUCACIÓN INFANTIL

RETO 9_ EDUCACIÓN PRIMARIA



BLOG ACADÉMICO: PORTAFOLIO

ENVÍA  AS FOTOS DOS DEBUXOS A ESTA DIRECCIÓN:
músicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Recorda, ata o domingo 31 de maio



Por certo, houbo varios de vós que me pedides se podedes tocar, bailar, tocar algo que non sexan os retos que eu vos fago...POR SUPOSTO!!! Enviádeme o que queirades facer que esté relacionado coa música e eu farei unha sección especial para todo o que me vaia chegando!!! 
Graciñas polas vosas fantásticas ideas!!!

#euquedonacasa

mércores, 20 de maio de 2020

QUEREMOS GALEGO!!!

Ola a tod@s!!

Esta semana cun pouquiño de retraso, pero chegou!!! O resumo do RETO 7!!!

En Infantil bailaron xenial a danza china de Lydia Botana e en Primaria moita marcha coa canción de Pablo Díaz!!!

Noraboa a tod@s!!!

Espero que vos gusten!!!👍👍👍

RETO 7_SAUDAMOS_CHINA


RETO 7_QUEREMOS GALEGO

#euquedonacasa

domingo, 17 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 8

Outra semana máis...os retos musicais!!!

E xa imos polo 8!!👌👌👌

Espero que pasárades un bonito e fermoso Día das Letras Galegas!!

Imos aló cos retos!! Esta semana en Infantil viaxamos a Xapón!! E en Primaria faremos un instrumento moi noso...seguro que o pasades xenial intentando facer que soe ben!!!😉



RETO 8_EDUCACIÓN INFANTIL

RETO 8_EDUCACIÓN PRIMARIA

CRONOGRAMA - Proyecto farmacovigilancia

ENVÍA  AS FOTOS OU VÍDEOS A ESTA DIRECCIÓN:
músicanosalgadotorres@gmail.com

OU A ESTE ENLACE:

https://www.dropbox.com/request/ZwYleC88cTWIlDKw0Hvq


Por favor, data de entrega ata o domingo 24 de maio



#euquedonacasa

mércores, 13 de maio de 2020

SUPERAMOS O RETO 6!!!

Que contenta estou coa vosa resposta ao reto 6!!!

En Infantil parecedes chinos e chinas de verdade!!! Ata fixestes pai-pais!!!😍😍😍

E en Primaria coas palabras máis repetidas fixen NUBES DE PALABRAS. Espero que vos gusten!!!

Ata o luns!!!

RETO 6_DANZA CHINA


RETO 6_6 MÚSICAS-6 PALABRAS

#euquedonacasa

domingo, 10 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 7

Aquí estamos outra semana máis!!!

Con Educación Infantil seguimos na China, esta vez cunha canción que tod@s coñecedes!!!

E en Primaria propóñovos un LIPDUB!! Entre todos cantamos unha canción e despois eu farei a montaxe. A canción está pensada para celebrar o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Ah!!! Se algún neno ou nena de Infantil se anima a cantar no reto de Primaria sería xenial!!!

O importante é que se note ben o que cantades!!! Vocalizade o mellor posible!!!🎵🎵🎵

Pois aquí están os retos:


  • RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

  • RETO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

ENVÍA O TEU VÍDEO A ESTA DIRECCIÓN:

músicanosalgadotorres@gmail.com

OU A ESTE ENLACE:

Por favor, data de entrega ata o domingo 17 de maio



#euquedonacasa

mércores, 6 de maio de 2020

BAILAR E BAILAR!!!

Que ben lle senta á nosa mente e ao noso corpo bailar!!!

E que marabilla de bailadores temos no Salgado Torres!!!!

Namorada me tendes coas vosas coreografías e bailes!!!💞💞💞

Aquí van os resumos desta semana!!! Espero que vos gusten!!!

RETO 5_BOLLYWOOD

RETO 5_CREA O TEU BAILE

#euquedonacasa

domingo, 3 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 6

Ola a tod@s!!!

Espero que gocedes destes paseíños que xa nos deixan dar!!! Pero con moita responsabilidade!!!👏👏👏

Esta semana retos moi diferentes en Infantil e Primaria, espero que vos gusten os dous!!!

Imos aló co reto número 6!!!

  • RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

  • RETO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Enviade as fotos á dirección de sempre ou ao enlace de Dropbox:

Animation Reaction Sticker by Pepephone for iOS & Android | GIPHY

musicanosalgadotorres@gmail.com

https://www.dropbox.com/request/EwjZ7iQHhiBWmYNwheeF


Tendes de prazo ata o domingo 10 de maio!

Boa semana!!!


mércores, 29 de abril de 2020

MÚSICA CON REFUGALLO!!!

Que chulada de instrumentos!!! Estades feitos uns expertos en refugallo!!
Encántame ver como aproveitades os materiais que tendes pola casa e o bonitos que os deixades coa vosa creatividade á hora de decoralos!!!

Noraboa!!!
grupo de musica

RETO 4_INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

A mestra estivo un pouco despistada e olvidou algunhas fotos na presentación...mil perdóns!!
Aquí vos vai o vídeo completiño!!!!

RETO 4_INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO_COMPLETO


#euquedonacasa

domingo, 26 de abril de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 5

Esta semana toca bailar!!! 


Os máis pequenos seguen a súa viaxe polo mundo e teñen a última parada na India, moverán o esquelete a ritmo de Bollywood!!

E os nenos e nenas de primaria convertiranse en coreógrafos e farán o seu propio baile!!!

Imos alá!!! Moi atent@s!!!

  • RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

  • RETO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA




Enviade os vosos vídeos ou fotos a esta dirección ou ao enlace, o que vos resulte máis sinxelo:






Recordade, tendes ata o 3 de maio!!!

Que teñades unha boa semana!!!

#euquedonacasa

xoves, 23 de abril de 2020

EXPERTOS EN IOGA!

Que marabilla ver os vosos vídeos e fotos facendo ioga!!! 



Espero que vos gustase o reto 3 e que vos sirva para incluír o ioga na vosa vida cotiá, xa que ten moitos beneficios para o corpo e a mente.

Aquí vos deixo un resumo!!!

RETO 3_SAÚDO AO SOL

RETO 3_POSTURAS DE IOGA

#euquedonacasa

domingo, 19 de abril de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 4

Imos a polo cuarto reto!!

Esta semana vai de instrumentos de refugallo!!!

Estou segura de que tendes moitas cousas pola casa para facer música!!
Aquí vos propoño dous exemplos, pero se tendes outras ideas... estupendo!!!

  • RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

  • RETO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
Os nenos e nenas que prefiran facer o reto de Educación Infantil non hai ningún problema!



Enviade os vosos vídeos ou fotos a esta dirección ou ao enlace, o que vos resulte máis sinxelo:



Recordade, tendes ata o 26 de abril!!!


Coma sempre, se a alguén non lle apetece saír despois no blog só ten que dicirmo, dacordo?

Mañán subirei o resumo do reto de ioga da semana pasada, estou alucinada coas vosas posturas!!

Ánimo coa semana!!!

#euquedonacasa

martes, 14 de abril de 2020

RETO 2 SUPERADO!!!

Vaia ritmo que teñen os nenos e nenas do Salgado Torres!!!

baile-imagen-animada-0417
O reto da Familia Adams e de Michael Jackson foi todo un éxito!! Noraboa!!

Aquí vos deixo un resumo de todos os vídeos!! Non deixedes nunca de bailar!!

RETO 2_FAMILIA ADAMS



RETO 2_MICHAEL JACKSON


Neste reto foi imposible colgar todos os vídeos porque pesaban demasiado, así que collín as vosas  mellores instantáneas!! Sodes fantástic@s!!!


Clicade na imaxe para velo!!


#euquedonacasa

luns, 13 de abril de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 3

 E xa estamos no terceiro reto!!!

Estou moi contenta porque cada vez subides máis fotos e vídeos!! 

Espero que o estedes a pasar ben cos retos propostos!!! Trátase de pasar un anaquiño divertido!!


Para o reto desta semana tendes que enviar as fotos ou vídeos a este enlace ou ao correo de sempre:

Recordade enviarmos antes do domingo 19 de abril.

Cocina Fácil

https://www.dropbox.com/request/5b3UCYQgQE1F2gCsF6pT

musicanosalgadotorres@gmail.com



Se non vos apetece que despois suba a vosa foto ou vídeo ao blog só tendes que dicirmo, ok?

Pois aquí están os retos desta semana:

  • RETO PARA INFANTIL, 1°E 2°
Unha estupenda maneira de comezar o día!! 

Saudando ao sol e facendo estiramentos sinxelos. Un pouquiño de ioga para poñernos en forma e aprender unha bonita melodía.



  • RETO PARA  3°, 4°, 5° E 6°
Para iniciarnos no ioga e relaxarnos un pouquiño cada día!! 

Seguro que vos senta xenial!!

Espero as vosas fotos coas diferentes posturas!!


Ánimo coa semana rapazada!!

#euquedonacasa

luns, 6 de abril de 2020

NORABOA A TOD@S!!

Que artistas temos no cole Salgado Torres!!!

De musica en gif - Imagui

Noraboa a tod@s polo ben que o fixestes no RETO 1 proposto a semana pasada!!
Aquí vos deixo os enlaces para que vos vexades as caras, que xa nos imos botando un pouco de menos!!!
Pido perdón a aquelas persoas que me mandaron vídeo e non fun quen de descargalo...espero que non haxa problema para a próxima cos enlaces que vos dou.
Espero que vos gusten!!!

RETO 1_PICA PEDRA


RETO 1_SOCO, BATE, VIRA


#euquedonacasa