Comezamos a semana con moito ritmo e con moitas ganas de bailar, celebrar a primavera e gozar deses paseos que xa podemos dar!!! Pero sempre con sentidiño!!!
"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
O noso querido grupo TIRULEQUE está de estrea cunha canción inspirada no coronavirus e que di moitas verdades, pero con moita marcha e con moito humor, que sempre senta ben!!!
Esta semana escoitaremos unha canción coa que queremos render unha dobre homenaxe.
Coa figura de José Mercé, cantaor flamenco, recordaremos o vindeiro 8 de abril o Día do Pobo Xitano. Nesta ocasión interpreta unha composición de Luis Eduarte Aute, falecido esta semana e un dos mellores cantautores do noso país.
Bonita mestura coa que comezar a semana, espero que vos guste!
Pois neste segundo luns na casiña imos seguir coa nosa programación de cine!!
Esa semana tócalle o turno á marabillosa Mary Poppins e o seu "Supercalifragilísticoespiralidoso".
Na sección de A BAILAR! tendes un justdance coa canción para practicar na casa.
E nesta semana tan peculiar e de espera na casa, nada mellor que escoitar os consellos que o gran Jorge Drexlernos dá sobre como afrontar esta pandemia que nos esixe estar no noso fogar.
Aproveitade e escoitade moita, moita, moita música!!! #euquedonacasa