Estou moi contenta porque cada vez subides máis fotos e vídeos!!
Espero que o estedes a pasar ben cos retos propostos!!! Trátase de pasar un anaquiño divertido!!
Para o reto desta semana tendes que enviar as fotos ou vídeos a este enlace ou ao correo de sempre:
Recordade enviarmos antes do domingo 19 de abril.

https://www.dropbox.com/request/5b3UCYQgQE1F2gCsF6pT
musicanosalgadotorres@gmail.com
Se non vos apetece que despois suba a vosa foto ou vídeo ao blog só tendes que dicirmo, ok?
Pois aquí están os retos desta semana:
- RETO PARA INFANTIL, 1°E 2°
Unha estupenda maneira de comezar o día!!
Saudando ao sol e facendo estiramentos sinxelos. Un pouquiño de ioga para poñernos en forma e aprender unha bonita melodía.
- RETO PARA 3°, 4°, 5° E 6°
Para iniciarnos no ioga e relaxarnos un pouquiño cada día!!
Seguro que vos senta xenial!!
Espero as vosas fotos coas diferentes posturas!!
Ánimo coa semana rapazada!!
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Grazas!