martes, 1 de setembro de 2020

COMEZA SETEMBRO!!!

 Ola a tod@s!!!👋👋👋

Xa estamos de volta!!! 😉

Comeza setembro, e aínda que sexa un inicio de curso un tanto atípico imos tentar facelo coa maior das ilusións!!!💗💚💗

Imaxino que moitos de vós xa estades enterados de que este curso deixo de ser a vosa mestra de Música...dáme moita peniña, pero seguireivos vendo a tod@s na Biblioteca!!! 

E tendes moitísima sorte, porque xa temos no cole a Miguel, un super mestre de Música con quen o ides a pasar xenial!!!👏👏👏


Pois ata aquí a miña aportación a este blog que tanto nos axudou a estar conectados en tempos difíciles e que a partir de agora xestionará Miguel.

Xa sabedes...bailade, cantade, tocade!!! Gozade sempre da MÚSICA!!! A Música é vida!!!

Ata sempre!!!

Ana Pose 💚💚💚

luns, 15 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!!!

E chegou o día de despedirnos ata o próximo curso!!!

Penso que o facemos dun xeito marabilloso, lanzando eses bicos e apertas que tantas ganas temos de darnos e que tan ben nos prestan!!!

Rapazada, familias, un pracer estar con vós estas semanas, aínda que de xeito virtual. Síntome moi afortunada polas vosas respostas aos retos musicais...GRAZAS DE CORAZÓN!!!

Agora toca descansar, xogar, ler, bailar, cantar, tomar o sol, ir á praia...e todo o que vos apeteza no verán!!! Téndelo ben merecido campións!!!

Vémonos en setembro xentiña bonita!!!
BICOS, BICOS E MÁIS BICOS!!!

Besos Gif Animados


#euquedonacasa
#consentidiño
#gozadedoverán

sábado, 13 de xuño de 2020

ROCK & ROLL NO SALGADO!!!

Estades feitos uns rockeiros!!!!
Que pasada de vídeos e fotos me chegaron esta semana!!!

rock

Pídovos desculpas por non subir antes o resumo do reto, pero é que o meu ordenador xa está pedindo vacacións e tiven algún que outro problemiña técnico. De feito, se alguén enviou vídeo ou foto e non se ve no resumo que mo diga por favor...foi unha semana un pouquiño tola!!!

Moitísimas grazas polos vosos bailes!!! Sodes uns verdadeiros ROCKSTARS!!!!


Longa vida ao ROCK & ROLL!!!!

Vémonos o luns!!!


#euquedonacasa
#consentidiño

luns, 8 de xuño de 2020

A RITMO DE LUNS

Case se me esquece poñervos a banda sonora desta semana!!!

Harry Potter!!! A película elixida polos 6° e que tanto nos gusta a todos!!!

Escollín esta versión de orquestra para ver se atopades os vosos instrumentos favoritos!!!

No blog de Toc-Tina tendes máis cousiñas desta marabillosa personaxe, Harry Potter!!

Ánimo coa semana!!!💪💪💪


#euquedonacasa
#consentidiño

domingo, 7 de xuño de 2020

ÚLTIMO RETO MUSICAL!!!

Pois parecía moi lonxe, pero aquí está...o último reto musical!!!

Todavía non me despido de vós, fareino a próxima semana co resumo deste reto de cine!!!

Dous vídeos diferentes, pero un mesmo reto. Hoxe vai de bicos, si, si...

BICOS DE PELÍCULA!!!


RETO EDUCACIÓN INFANTIL



RETO EDUCACIÓN PRIMARIA


4º MEDIO : FILOSOFÍA OCCIDENTAL - FILOSOFIA LIAHONA: Prof Marcia ...

ENVÍA OS VÍDEOS OU FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:
musicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Tendes de prazo ata o domingo 14 de xuño


#euquedonacasa
#consentidiño

martes, 2 de xuño de 2020

ARTISTAZOS NO SALGADO!!! RETO 9 SUPERADO!!!

Cada semana me sorprendedes máis!!!

Que debuxos tan chulos de primavera e de instrumentos de orquestra!!!

Decidín xuntalos todos nun mesmo vídeo porque como a actividade era ser artistas tanto en Infantil como en Primaria pensei que quedaría chulo!!!

Moitísimas grazas a tod@s polo voso traballo!!!👏👏👏

Espero que vos guste!!!💚💚💚


#euquedonacasa
#consentidiño

domingo, 31 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 10

RETO 10!!! 

Esta semana comeza moi marchosa!!!
Porque os nenos e nenas de Educación Infantil viaxan ao país de orixe do Rock & Roll!!! E como aos de Primaria tamén vos gusta moito bailar propóñovos o mesmo baile para todos, pero con diferentes vídeos!!!
 Gozade da semana e a mover o esqueleteeeeeeeeeee!!!!


RETO 10_EDUCACIÓN INFANTIL


RETO 10_EDUCACIÓN PRIMARIA


flecha-imagen-animada-0443

ENVÍA OS VÍDEOS OU FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:
musicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Recorda, ata o domingo 7 de xuño


#euquedonacasa
#consentidiño