martes, 26 de maio de 2020

RETO 8 SUPERADO!!!

Alucinada me tendes cos vosos instrumentos!!!

Esta semana a verdade é que o pasei moi ben vendo os vosos vídeos de gaitas feitas con palliñas e eses tambores xaponeses!! Moi chulos!!!

Como os dous retos, Infantil e Primaria, eran de elaboración de instrumentos fixen un só vídeo con todas as fotos xuntas!!

Aquí vos vai!!

Moitas grazas polo voso traballo!!! Sodes uns artistas!!!👏👏👏




#euquedonacasa

domingo, 24 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 9

Que tal todo rapazada??

Pois aquí estamos outra semana máis cos nosos retos musicais!!! Neste reto número 9 imos xuntar a música coa plástica, tanto en Infantil coma en Primaria. Ides ter que sacar todas as vosas dotes artísticas!!!

Estade moi atent@s ao que vos conto en cada reto!!!

Espero que vos guste!!!

Disfrutade desta semana cargadiña de bo tempo!!!😘😎😘

RETO 9_EDUCACIÓN INFANTIL

RETO 9_ EDUCACIÓN PRIMARIA



BLOG ACADÉMICO: PORTAFOLIO

ENVÍA  AS FOTOS DOS DEBUXOS A ESTA DIRECCIÓN:
músicanosalgadotorres@gmail.com


OU A ESTE ENLACE:

Recorda, ata o domingo 31 de maio



Por certo, houbo varios de vós que me pedides se podedes tocar, bailar, tocar algo que non sexan os retos que eu vos fago...POR SUPOSTO!!! Enviádeme o que queirades facer que esté relacionado coa música e eu farei unha sección especial para todo o que me vaia chegando!!! 
Graciñas polas vosas fantásticas ideas!!!

#euquedonacasa

mércores, 20 de maio de 2020

QUEREMOS GALEGO!!!

Ola a tod@s!!

Esta semana cun pouquiño de retraso, pero chegou!!! O resumo do RETO 7!!!

En Infantil bailaron xenial a danza china de Lydia Botana e en Primaria moita marcha coa canción de Pablo Díaz!!!

Noraboa a tod@s!!!

Espero que vos gusten!!!👍👍👍

RETO 7_SAUDAMOS_CHINA


RETO 7_QUEREMOS GALEGO

#euquedonacasa

domingo, 17 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 8

Outra semana máis...os retos musicais!!!

E xa imos polo 8!!👌👌👌

Espero que pasárades un bonito e fermoso Día das Letras Galegas!!

Imos aló cos retos!! Esta semana en Infantil viaxamos a Xapón!! E en Primaria faremos un instrumento moi noso...seguro que o pasades xenial intentando facer que soe ben!!!😉



RETO 8_EDUCACIÓN INFANTIL

RETO 8_EDUCACIÓN PRIMARIA

CRONOGRAMA - Proyecto farmacovigilancia

ENVÍA  AS FOTOS OU VÍDEOS A ESTA DIRECCIÓN:
músicanosalgadotorres@gmail.com

OU A ESTE ENLACE:

https://www.dropbox.com/request/ZwYleC88cTWIlDKw0Hvq


Por favor, data de entrega ata o domingo 24 de maio



#euquedonacasa

mércores, 13 de maio de 2020

SUPERAMOS O RETO 6!!!

Que contenta estou coa vosa resposta ao reto 6!!!

En Infantil parecedes chinos e chinas de verdade!!! Ata fixestes pai-pais!!!😍😍😍

E en Primaria coas palabras máis repetidas fixen NUBES DE PALABRAS. Espero que vos gusten!!!

Ata o luns!!!

RETO 6_DANZA CHINA


RETO 6_6 MÚSICAS-6 PALABRAS

#euquedonacasa

luns, 11 de maio de 2020

A RITMO DE LUNS

Comezamos a semana con moito ritmo e con moitas ganas de bailar, celebrar a primavera e gozar deses paseos que xa podemos dar!!! Pero sempre con sentidiño!!!

"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!


Que teñades unha boa semana!!!

#euquedonacasa

domingo, 10 de maio de 2020

RETOS MUSICAIS_RETO 7

Aquí estamos outra semana máis!!!

Con Educación Infantil seguimos na China, esta vez cunha canción que tod@s coñecedes!!!

E en Primaria propóñovos un LIPDUB!! Entre todos cantamos unha canción e despois eu farei a montaxe. A canción está pensada para celebrar o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Ah!!! Se algún neno ou nena de Infantil se anima a cantar no reto de Primaria sería xenial!!!

O importante é que se note ben o que cantades!!! Vocalizade o mellor posible!!!🎵🎵🎵

Pois aquí están os retos:


  • RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

  • RETO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

ENVÍA O TEU VÍDEO A ESTA DIRECCIÓN:

músicanosalgadotorres@gmail.com

OU A ESTE ENLACE:

Por favor, data de entrega ata o domingo 17 de maio



#euquedonacasa